plusvalía

< plus + valía
Pliral: plusvalías
  1. s f
    1. Aumento no valor dun obxecto por causas externas, sen que se lle fixese ningunha mellora.
    2. DER/ADM Aumento de valor duns inmobles por causa de inversións efectuadas polos entes públicos.
    3. DER/ECON Aumento do valor corrente dos inmobles cando remata o período de imposición en relación ao valor que tiñan ao inicio do período.
  2. s f ECON Expresión monetaria do valor incorporado á produción do traballo da que se apoderan os propietarios dos medios de produción.