plural

< lat plūrāle
Pliral: plurais
  1. adx Que expresa pluralidade.
  2. LING
    1. adx Que representa máis dunha entidade individualizada, en oposición ao singular, que representa unha soa. Tm s m.
    2. plural de modestia Forma ficticia do plural con valor de singular empregada por oradores ou escritores para atenuar a propia personalidade.
    3. plural maxestático Forma ficticia de plural con valor de singular empregada por altas xerarquías civís ou eclesiásticas para magnificar a persoa que a utiliza.
  3. adx Que presenta máis dun aspecto ou posibilidade.

Citas

  • Nunha sociedade plural non se poden consentir eses feitos, As súas palabras teñen unha lectura plural e variada