sm plANIMAL/ICTOrde de peixes mariños osteíctios, que teñen o corpo moi aplanado, de forma oval e asimétrico, cunha das caras sen pigmentos e coas aletas dorsal e caudal moi desenvolvidas. Os ollos están na banda pigmentada e moi próximos un ao outro, a boca é resgada e non teñen vexiga natatoria.