plástico -ca

Pliral: plásticos Masculino: plástico Masculino plural: plásticos Femenino: plástica Femenino plural: plásticas
  1. adx
    1. Relativo ou pertencente ao plástico.
    2. Relativo ou pertencente á plastia.
    1. adx Que pode ser modelado facilmente. Tm fig.
    2. artes plásticas ARTE Conxunto das artes do debuxo, incluídas tamén a pintura e a escultura.
  2. s m QUÍM/IND Composto orgánico polimérico que se obtén por síntese de substancias naturais que sufriron unha profunda transformación química, e que se caracterizan polo elevado peso molecular, o intervalo relativamente limitado da temperatura de utilización, as súas propiedades illantes, e a resistencia aos axentes químicos inorgánicos.
  3. s m QUÍM/IND Explosivo a base de ciclonita ou de pentrita amasadas cun plastificante.