adxQue recorda a forma dun plano xeométrico ou que forma parte del.
adxMAT
Que ten todos os elementos situados nun plano.
Aplícase á xeometría ou á trigonometría que tratan de figuras ou de ángulos planos.
MAT
smSuperficie tal que, calquera recta que pase por dous dos seus puntos se atopa totalmente contida nesa superficie.
plano de coordenadasCada un dos tres planos que se cortan nun punto e que serven para fixar a posición de calquera punto do espazo coa axuda das liñas coordenadas.
smSuperficie dun corpo cunha configuración semellante á dun plano xeométrico.
smSuperficie real ou imaxinaria relativa a uns puntos, fenómenos ou obxectos situados á mesma altura ou distancia respecto a un nivel de referencia estable.
smAERONSuperficie que nunha aeronave serve para sustentala ou para manter a estabilidade.
plano de estibaMARPlano feito sobre o plano dun barco de carga en que se indican datos como o lugar que ocupa a carga.
plano de flotaciónMARSección do casco dunha embarcación determinada polas liñas de flotación de ambos os lados do buque.
plano de incidenciaFÍSPlano determinado por un proxectil ou por un raio incidente e a recta normal á superficie no punto de incidencia.
sm
Representación, nunha superficie plana, dun obxecto, unha construción ou unha zona xeográfica pouco extensa.
XEOGMapa topográfico feito a escala superior 1:10.000 e inferior 1:20.000.
ARTE
smCada unha das superficies imaxinarias dun debuxo, cadro, relevo ou fotografía, determinadas pola distancia que manteñen respecto á superficie real, e nos que se sitúan as figuras que integran o conxunto.
smDebuxo que representa a proxección ortogonal dun obxecto, dunha peza, dunha máquina, dunha casa, ou dunha das súas seccións.
plano fixoPlano en que se indican as dimensións das partes que alí se representan.
plano horizontal/do horizonteSuperficie plana horizontal que pasa pola vista do espectador e corta perpendicularmente o plano vertical e ao mesmo tempo determina unha recta, chamada liña do horizonte, que contén o punto principal e os puntos de fuga.
plano vertical/de proxección/ópticoSuperficie vertical e plana, interposta entre o ollo, ou centro de proxección, e a figura que se quere representar ou que se representa e que recibe dela a súa proxección. Corresponde á superficie real do debuxo, cadro, relevo ou fotografía.
IMAX
smUnidade fílmica que comprende un conxunto de fotogramas correspondentes a unha soa filmación estática.
plano americanoPlano que recolle a imaxe de tres cuartas partes do corpo humano.
plano medioPlano que recolle a imaxe da metade do corpo dos personaxes.
primeiro planoPlano que recolle a imaxe dun detalle concreto dun personaxe ou dun obxecto.
plano xeralPlano que recolle a totalidade da imaxe dun escenario, natural ou de estudio.
smAspecto ou punto de vista que se ten de algo ou desde o que se considera algo.
plano de simetríaFÍSElemento de simetría que indica unha reflexión.
Citas
Explicou as súas ideas desde un plano excesivamente culto
Necesitaban un terreo plano para poder aterrar coa avioneta
Non compares ambas cousas xa que pertencen a planos diferentes