plafón

< fr plafond
Pliral: plafóns
  1. s m ARQUIT
    1. Plano inferior dunha cornixa ou doutro corpo en beiril.
    2. Artesón ou taboleiro pechado cunha moldura.
    3. Porción de parede comprendida entre dúas aberturas ou pilastras que forman un cercado rectangular gornecido cunha moldura.
  2. s m CONSTR Peza plana de madeira que, nun moble ou nunha porta, tapa o espazo comprendido entre os montantes e os traveseiros.

Palabras vecinas