pita

< orixe onomatopeica
Pliral: pitas
  1. s f
    1. Cría de galiña que aínda non pon ovos.
    2. ANIMAL/ORNIT galiña.
  2. pita cega ANIMAL/ENTOM Insecto que pertence ao xénero Gerris, que presenta patas longas e vive en charcas e ríos.
  3. pita cega XOGO Xogo infantil en que un dos xogadores, cos ollos tapados cun pano, intenta coller e recoñecer a un dos outros que están ao redor del.
  4. pita de auga negra ANIMAL/ORNIT Ave, da familia dos rálidos, que presenta cor escura cun escudo branco na testa, ollos vermellos, patas longas e verdosas e case sen cola, e que habita en zonas húmidas do interior.
  5. pita do monte ANIMAL/ORNIT Ave da familia dos tetraónidos, onde o macho presenta plumaxe negra e verdosa no peito, cola grande e arredondada con pencas brancas, que exhibe na época dos cortexos, e a femia parda e apencada, un pouco menor ca o macho.