pirata

< lat pirāta gr πειρατ ή ς
Pliral: piratas
    1. adx Relativo ou pertencente aos piratas.
    2. s Individuo que dirixe ou forma parte da tripulación dunha embarcación dedicada a capturar outras embarcacións co obxectivo de roubarlle.
    3. s Tripulante ou pasaxeiro dunha embarcación ou dunha aeronave que se apropia violentamente dela, xeralmente con finalidades políticas ou propagandísticas.
    1. adx Que non ten a licenza pertinente.
    2. edición pirata COMUN Edición dunha obra realizada ilegalmente, especialmente se se fixo usurpando os dereitos dalgunha persoa ou entidade.
    3. emisora pirata COMUN Emisora que funciona sen autorización.

Citas

  • Traía a bolsa chea de programas piratas
  • Un barco pirata abordou o galeón