piñeiro

< lat pinu
Pliral: piñeiros
  1. PLANTA
    1. s m Árbore monoica da familia das pináceas, casuarináceas e araucáceas, que presenta as follas aciculares, reunidas en grupos.
    2. piñeiro bravo/do país [Pinus pinaster] Árbore, da familia das pináceas, que presenta a cortiza áspera, as acículas en parellas e as piñas de cor parda cun escudo prominente nas escamas.
    3. piñeiro canario [Pinus canariensis] Árbore, da familia das pináceas, que presenta as acículas verdes claras, dispostas en grupos de tres, moi longas e caídas.
    4. piñeiro cembro [Pinus cembra] Árbore, da familia das pináceas, natural dos Alpes e dos Cárpatos, moi apreciado pola súa madeira sen vetas.
    5. piñeiro de Australia [Casuarina equisetifolia] Árbore, da familia das casuarináceas, que ten as ramas delgadas, as follas escuamiformes dispostas en verticilos e coas inflorescencias masculinas en forma de espigas colgantes e as femininas dispostas formando conos globosos.
    6. piñeiro de repoboación [Pinus radiata] Árbore, da familia das pináceas, que presenta as acículas dispostas en grupos de tres e os conos disimétricos coas sementes aladas.
    7. piñeiro manso/real [Pinus pinea] Árbore, da familia das pináceas, que presenta acículas dispostas en grupos de tres e piñóns grandes e con ás curtas.
    8. piñeiro rubio/roxo [Pinus sylvestris] Árbore, da familia das pináceas, que presenta acículas curtas e agrupadas en parellas.
  2. s m PROTISTA Alga, da clase das feófitas, que presenta consistencia coriácea, vesículas aeríferas tabicadas, receptáculos dispostos nos extremos dos eixes e un disco basal para a fixación sobre as rochas.