piloto

< ital piloto
Pliral: pilotos
  1. adx Que presenta carácter experimental ou que serve de proba.
    1. s Persoa que pilota un avión ou vehículo carreiras.
    2. piloto de probas Especialista en verificar as características e a resistencia dun novo avión ou dos que sufriron algunha reparación importante e de efectuar probas de prototipos de automóbil ou de motocicleta.
  2. luz piloto TECNOL
    1. Luz que se acende ou se apaga para sinalar o bo ou mal funcionamento dun dispositivo.
    2. Luz de pouca potencia que está permanentemente acesa nun lugar para evitar a escuridade absoluta.
  3. piloto automático AERON/MAR Sistema de goberno automático de embarcacións e aeronaves capaz de efectuar as manobras de corrección necesarias e, no caso das aeronaves, de manter a altitude de voo.

Citas

  • Farán unha proba piloto para ver se funciona o sistema

Palabras vecinas