peza

< celta *pĕttĭa ‘anaco’
Pliral: pezas
  1. s f
    1. Cada unha das partes que, xuntadas convenientemente unhas coas outras, forman un obxecto ou máquina.
    2. Cada unha das cousas que forma parte dun conxunto.
  2. s f
    1. Calquera elemento que constitúe a vestimenta.
    2. Anaco de tea que se emprega para remendar.
    3. Tea que se fabrica dunha vez e que se emprega para facer pezas de roupa.
  3. s f
    1. Quenda establecida para a utilización do muíño.
    2. Espazo de tempo que lle corresponde ao dono dunha leira para poder regala.
  4. s f Obra musical ou teatral, especialmente cando é breve.
  5. s f Porción dunha terra de labor.
  6. s f Cada un dos espazos interiores en que está dividida unha casa.
  7. s f Animal que se caza ou pesca.
  8. s f Arma de fogo non portátil, especialmente de artillaría.
  9. s f Designación dunha moeda con relación ao seu valor nominal.
  10. s f fig Persoa que se comporta de mala maneira.

Sinónimos

Citas

  • Botoulle unha peza á chaqueta porque xa a tiña gastada nos cóbados
  • Desmontou o reloxo e agora sóbranlle pezas
  • Éche unha boa peza ese teu fillo!
  • Eses torques celtas son pezas de museo
  • Esta peza da casa é moi húmida
  • Fixo o vestido cunha peza de liño
  • Foi ver se compraba algunha peza de roupa
  • Regaláronlle unha vaixela de vinte e seis pezas, Colleu as pezas do xadrez para botar unha partida
  • Trouxo dúas pezas de pan e tres pezas de mazás

Frases hechas

  • Non soltar peza. Non dicir nada daquilo que lle interesa saber a outras persoas.
  • Ser unha boa peza. Non ser unha persoa de fiar.

Formas incorrectas

prenda