petición

< lat petitĭōne
Pliral: peticións
  1. s f Acción de pedir.
  2. s f Aquilo que se pide.
  3. s f DER
    1. Solicitude ou instancia dirixida a un xuíz, tribunal ou autoridade que ten o poder de conceder aquilo que se pide.
    2. Cada unha das demandas contidas nunha solicitude.
  4. petición de man SOCIOL Cerimonia familiar en que o prometido ou alguén no seu nome solicita dos pais, parentes ou representantes da futura noiva autorización para casar.
  5. petición de principio FILOS Falacia do razoamento consistente en tomar como premisas unha ou máis proposicións idénticas ou equivalentes á conclusión, ou ben que a requiren para ser demostradas.

Sinónimos

Citas

  • Atenderon todas as súas peticións