pementa

< lat pigmĕnta, pl de pigmentu ‘cor para pintar’
Pliral: pementas
  1. s f BOT/ALIM Froito da pementeira que pode ser negra cando o froito non está maduro e desecado, e branca cando o froito está maduro, desecado e privado de cubertas.
  2. s f Especia picante que se elabora a partir deste froito.
  3. pementa de auga PLANTA Planta herbácea anual, da familia das poligonáceas, de gusto agre, que presenta follas lanceoladas agudas, flores rosadas ou brancas verdosas, agrupadas en espigas delgadas e froito nuclear trígono, negro e brillante.
  4. pementa do monte FUNGO Fungo, da orde dos agaricais, que se atopa en grupos, co sombreiro semicircular e láminas desiguais e anchas de cor laranxa sucia.