pelo

< lat pilu
Pliral: pelos
  1. s m ZOOL
    1. Apéndice filiforme de queratina, que cobre a pel dos mamíferos, protexéndoa e evitando a perda de calor, e que consta dunha raíz adherida ao folículo piloso, e de talo ou corpo de cor variable segundo a cantidade de pigmento que conteña.
    2. Conxunto destes apéndices.
    1. s m ZOOL/BOT Apéndice filiforme que presentan algúns animais á parte dos mamíferos e certas plantas e froitos.
    2. s m BOT Tricoma de forma fina e alongada, que ten como función a protección contra a transpiración excesiva ou a secretora contra a insolación.
    3. pelo glandular BOT Glándula epidérmica piliforme, que pode ser sésil ou estar disposta sobre un pedúnculo.
    4. pelo radical/absorbente BOT Prolongación filiforme do rizoderma que se atopa na zona pilífera da raíz.
    5. pelo urticante BOT Pelo que produce unha acción irritante na pel dos animais, formado por unha célula globosa, cun longo colo que presenta silicificación que ao romperse expele un líquido, que contén histamina e acetilcolina.
  2. s m Cantidade moi pequena de algo.
  3. s m TÉXT
    1. Fibra que se obtén do pelo de diversos animais, agás do da ovella e do carneiro, denominada la.
    2. Fío ou fibra que sobresae da superficie dun tecido.
  4. pelo de lobo PLANTA Planta herbácea perenne, da familia das poáceas, que carece de estolóns, e que presenta os talos finos, as follas estreitas e as inflorescencias dispostas en panícula.
  5. pelo de rato PROTISTA fiúncho mariño.

Sinónimos

Citas

  • Ao pincel caíanlle todos os pelos
  • Cortou o pelo
  • Ten o coche cheo de pelos de can

Frases hechas

  • 2 Sen axuda, protecci
  • A pelo 1 Montar algu
  • Botar bo pelo/pelo novo. Progresar en algo.
  • Non ter pelos na lingua. Dicir o que se pensa.
  • Non ter un pelo de parvo. Ser espelido.
  • Por un pelo. Por pouco.
  • Ser capaz de contarlle os pelos ao demo. Investigar algo con detalle.
  • Ser de catro pelos. Ser mala persoa.
  • Ser de pouco pelo. Ser pobre.
  • Ser pelo de ovo. Ofenderse por calquera cousa.
  • Suar a pelo. Suar moito.
  • Ter pelos un asunto. Ter dificultades.
  • Vir ao pelo. Vir a prop

Refranes

  • Botar pelos ao mar, para non voltar.
  • Crouco pelado faime un arado -Faino ti que eu non teño machado.
  • Crouco pelado ¿quen te pelou que nin pelo cbe deixou e a cacbola en queixo trocou?
  • Home de pelo no peito, borne de valor e feito.
  • Home peludo, borne valente e forzudo.
  • Non todo borne de pelo no peito ten que ser borne de feito e dereito.
  • Para apartar ben os pelos abondan dous dedos;.
  • Quen tiver remuíño na testa non irá comigo á festa.