sm plGrupo de cordados, do subtipo dos vertebrados, integrado por animais de sangue frío, respiración primariamente branquial e hábitat acuático. Son animais mandibulados desde o punto de vista da anatomía externa, e caracterízanse pola súa forma de fuso, polo seu recubrimento de escamas (osteíctios) ou dentículos dérmicos (condrictios) e pola presenza dunha serie de aletas.
peixe anxo [Squatina squatina]Peixe condrictio, da familia dos escuatínidos, de cor parda no dorso e abrancazada no ventre, que presenta ollos na parte superior, aletas peitorais, que son carnosas, altas e anchas, e carece de aleta anal.
peixe bobo [Cethorhinus maximus]Peixe condrictio, da familia dos cetorrínidos, que ten 200 fileiras de dentes en cada maxilar e enormes fendeduras branquiais, e que se alimenta por filtración.
peixe cinto [Lepidopus caudatus]Peixe, da familia dos trichiúridos, que presenta o corpo en forma de cinto, aleta dorsal ondulada, de cor prateada e cola pequena.
peixe espada [Xiphias gladius]Peixe, da familia dos xífidos, que se caracteriza pola prolongación do maxilar e do premaxilar da mandíbula superior en forma de espada que pode alcanzar o terzo da lonxitude total do corpo, mentres que a mandíbula inferior é moito máis curta. De costumes peláxicos, só se achega á costa no verán para desovar.
peixe guitarraPeixe do xénero Rhinobates, que ten o corpo alongado, cos extremos das aletas peitorais superpostos coas aletas ventrais e a cabeza máis plana e ancha.
peixe lapaPeixe de pequeno tamaño, da familia dos gobiesócidos, que presenta unha mandíbula con dous ou tres cabeiros ben desenvolvidos e unhas aletas pélvicas con forma de ventosa.
peixe lúa/roda [Mola mola]Peixe de gran tamaño, da familia dos mólidos, que presenta forma arredondada, boca pequena con dous dentes picudos, as aletas dorsal e anal moi altas que se xuntan coa caudal, e carecen de vexiga natatoria.
peixe martelo [Sphyrna zygaena]Peixe condrictio, da familia dos esfírnidos, que presenta unha cabeza cunha forma moi característica, con dúas expansións laterais e cos ollos situados nos extremos destas expansións. Habita en augas profundas e é un bo nadador.
peixe ourizo [Diodon hystrix]Peixe, da familia dos diodóntidos, que presenta un corpo aplanado cando non adopta unha actitude defensiva, que incha, e longas espiñas na pel que, cando incha, están cara a fóra.
peixe pau [Molva dipterygia]Peixe, da familia dos gádidos, que presenta forma alongada, dúas aletas dorsais, e cor ocre coas aletas pélvicas e caudal escuras.
peixe papagaio [Callanthias ruber]Peixe, da familia dos serránidos, que presenta unha cola con dous filamentos prolongados e unha aleta dorsal rematada en punta, e cor rosa.
peixe porco [Balistes caroliniensis]Peixe, da familia dos balístidos, que presenta corpo elipdoide, con placas óseas nos costados e cunha espiña na aleta dorsal que utiliza na súa defensa, e cor gris.
peixe reipiarda.
peixe sapo [Lophius budegassa]Peixe, da familia dos lófidos, que presenta unha gran boca, tan larga como a cabeza, e con abundantes dentes. A cor é parda vermella no dorso e branca na parte ventral. Aliméntase doutros peixes, de crustáceos e de calamares.
peixe serraCondrictio que pertence ao xénero Pristis, da familia dos prístidos, que se caracteriza pola prolongación do morro nunha lámina plana e horizontal, que ten aos lados unha serie de dentes fortes e agudos, perpendiculares ao eixe desta lámina.
peixe voadorPeixe da familia dos exocétidos, que se caracteriza pola extrema hipertrofia das aletas pectorais, que lles permite planar. Levanta o voo utilizando o lóbulo inferior da cola a maneira de hélice, que lle permite unha serie de voos sucesivos.
smAnimal do grupo dos peixes que xa foi pescado.
smCarne e certos produtos dos peixes preparados para ser consumidos.
peixe azulPeixe que ten as escamas de cor azulada, cun alto contido en graxa e dunha grande importancia económica.
peixe brancoPeixe cun contido en graxas de entre o 0,5 e o 2%, moito menor que o peixe azul.