peirao

< gascón peirau
Pliral: peiraos
  1. s m Plataforma alongada construída á beira do mar ou dun río navegable que serve para facilitar o embarque e desembarque de persoas e mercadorías e de refuxio das naves.
  2. s m Presa feita nun río para distribuír a auga mediante canles aos muíños ou aos campos.
  3. peirao de carga TECNOL Base elevada sobre o plano do chan en edificios industriais para facilitar a carga dos camións.
  4. peirao de embarque AERON Tubo telescópico de grandes dimensións que, a xeito de túnel, permite que os pasaxeiros dun aeroporto accedan desde a sala de embarque ao interior do avión e viceversa, sen saír ao exterior.

Sinónimos

Palabras vecinas