pectoral

Pliral: pectorais
  1. ANAT
    1. adx Relativo ou pertencente ao tórax, ao peito ou á cintura escapular.
    2. pectoral maior Músculo que se sitúa na parte anterosuperior do tórax, e que é adutor do brazo e inspiratorio.
    3. pectoral menor Músculo que se sitúa baixo o pectoral maior, que se insire entre as primeiras costelas e a apófise coracoide, e que é depresor e adutor do músculo.
  2. adx MED Aplícase ás preparacións farmacéuticas que aumentan ou fluidifican a secreción bronquial e facilitan, polo tanto, a expulsión pola tose.
  3. s m
    1. RELIX Cruz de ouro ou de prata que os bispos e outros prelados levan colgada sobre o peito.
    2. ARTE Peza de ourivaría ou de tea bordada, a miúdo con pedraría, que empregaban na Antigüidade os faraóns, os grandes sacerdotes hebreos ou outras xerarquías relixiosas.
    3. ARTE Xoia cuadrangular que se utilizaba antigamente para suxeitar a capa sobre o peito.