pecizal

< lat científico Peziza
Pliral: pecizais
  1. adx Relativo ou pertencente aos pecizais.
  2. s m FUNGO Fungo da orde dos pecizais.
  3. s m pl FUNGO Orde de ascomicetos integrada por fungos de esporocarpos en forma de prato, ou provistos de rabo e sombreiro, ascos operculados e de ascósporas hialinas. Son saprófitos e danse en terra húmida, en prazas carboníferas, sobre madeira en descomposición e sobre esterco.