pavón

< pavo
Pliral: pavóns
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave galiforme, da familia dos fasiánidos, que presenta un marcado dimorfismo sexual, con machos que teñen a cabeza, o pescozo e o peito de cor azul metálica, as partes superiores agrisadas con raias escuras e as ás e o resto do corpo de cor castaña escura. Presenta un penacho na cabeza e as ás supracaudais poden ser despregadas como un abano durante as exhibicións nupciais. OBS: Tamén se denomina pavo real.
  2. ANIMAL/ENTOM
    1. s m Insecto lepidóptero, da familia dos satúrnidos e dos linfálidos, que pertence aos xéneros Saturnia, Inachis e Pavonia.
    2. pavón nocturno [Saturnia pyri] Insecto lepidóptero, da familia dos satúrnidos, que ten o corpo e as ás de cor castaña ou gris e con manchas ocelares nas ás.
  3. s m IND Capa moi fina de sulfuros e cloruros metálicos, de cor azul ou negra, con que son revestidas as superficies de metais ferrosos para que non enferruxen.