pauta

< lat pacta
Pliral: pautas
  1. s f Norma que se emprega como modelo para a realización de algo.
  2. s f Liña ou conxunto de liñas horizontais que serven de guía para escribir dereito.
  3. s f Folla de papel que ten impresas raias negras relativamente grosas, para que se poidan ver por transparencia cando se escribe nun papel posto debaixo.
  4. s f MÚS pentagrama.

Sinónimos

Citas

  • Mercou un caderno con pautas
  • Seguiu as pautas de alimentación que lle recomendou o médico
  • Utilizou unha pauta para escribir o traballo