patrimonio

< lat patrimonĭu
Pliral: patrimonios
  1. s m DER/ECON Conxunto de bens que unha persoa herda dos seus ascendentes.
    1. s m DER/ECON Conxunto de bens, valores e créditos que posúe unha persoa ou institución.
    2. patrimonio cultural DER Conxunto de testemuños que forman a herdanza cultural dunha sociedade e que teñen un recoñecemento oficial, como os costumes, as tradicións, a paisaxe, a arte ou a lingua. Engloba o patrimonio arqueolóxico, histórico, artístico e o natural ou científico.
    3. patrimonio de san Pedro / HIST/RELIX Terras e bens que constitúen a dotación do papa.
    4. patrimonio do estado DER Conxunto de bens non afectos do uso xeral que pertencen ao estado, ás comunidades autónomas e aos entes locais.
    5. patrimonio familiar DER Patrimonio que algunhas lexislacións asignan a un núcleo familiar, con carácter inalienable e indivisible, só transmisible por herdanza a unha persoa.
    6. patrimonio nacional DER Conxunto de bens de titularidade do estado afectos para o uso e servizo do rei e dos membros da familia real española.
    7. patrimonio real HIST Conxunto de bens, dominios, rendas, impostos e outras regalías que servían para sufragar os gastos do aparato estatal e, ao mesmo tempo, a casa do rei durante a Idade Media.