pato -ta

Pliral: patos Masculino: pato Masculino plural: patos Femenino: pata Femenino plural: patas
  1. s m ANIMAL/ORNIT Ave anátida de voo rápido e de femias e machos cunha clara diferenciación por sexos, tendo os machos cores máis rechamantes ca as femias.
  2. ANIMAL/ORNIT
    1. s m Ave anátida que mergulla só a metade do corpo á hora de alimentarse e as femias adoitan ser pardas e con pintas.
    2. pato asubión [Anas penelope] Pato en que o macho ten unha mancha amarelada cruzándolle a cabeza, as ás grises, o dorso máis escuro e o peito e a cabeza castaños.
    3. pato cinsento [Anas strepera] Pato en que o macho ten o ventre branco, bandas escuras nos lados, gris o dorso e coas patas alaranxadas.
    4. pato cullerete [Anas clypeata] Pato en que o macho ten a cabeza verde, os lados avermellados e o peito branco, e tanto a femia coma o macho un gran peteiro aplanado.

Palabras vecinas