smAparato que se fixa á sola do calzado, provisto dunha folla metálica vertical ou de rodas, que se emprega para deslizarse sobre o xeo ou sobre unha superficie lisa.
smAERONPeza, xeralmente metálica e especialmente resistente que, fixada na parte inferior da fuselaxe dalgúns avións permite aterrar en lugares accidentados.
MAR
smEmbarcación que está formada por dous flotadores paralelos, unidos por dous ou máis traveseiros e remos dobres para a propulsión.
patín de pedaisEmbarcación semellante a un patín pero propulsada por unhas pequenas paletas accionadas por pedais.
patín de velaPatín provisto dunha vela, que substitúe o remo dobre como sistema de propulsión, e desprovisto de temón, que está gobernado polo corpo do tripulante ao cambiar este de posición.