paternóster

< lat Pater noster, palabras coas que comeza o nosopai
Pliral: paternósteres
  1. s m RELIX Forma latina do comezo do Nosopai, coa que se indica a mesma oración.
  2. s m RELIX Parte da misa que se corresponde co momento de rezar o Nosopai.
  3. s m TECNOL Aparato de transporte vertical de persoas formado por unha cadea sen fin que xira lentamente, sempre no mesmo sentido, á que van aseguradas unha serie de cabinas de maneira que os dunha rama da cadea soben mentres os da outra baixan.