pastor -ra

< lat pastore
Pliral: pastores Masculino: pastor Masculino plural: pastores Femenino: pastora Femenino plural: pastoras
  1. s Persoa que leva o gando a pastar e coida del.
  2. s RELIX
    1. Guía espiritual, sobre todo o bispo e o sacerdote. OBS: Tamén se denomina pastor de almas.
    2. Ministro do culto na Igrexa reformada.
    1. adx Que coida o gando, especialmente as ovellas. Tm s m, referido a can.
    2. pastor alemán ZOOL Raza de cans de tamaño grande que presenta as orellas ergueitas e fociño aguzado, que se emprega para multitude de tarefas, xa que están considerados un dos cans máis versátiles.
  3. o Bo Pastor RELIX Atributo aplicado a Cristo, partindo da parábola sobre o pastor que deixa o rabaño para ir buscar a ovella descarreirada, e doutras pasaxes en que Cristo se denomina pastor.

Refranes

  • A. cabra, para quen a garda.
  • O pastor descoidado á posta do sol busca o gado.

Palabras vecinas