pasada

< 1 pasar
Pliral: pasadas
  1. s f Acción e efecto de pasar dun lugar a outro.
  2. s f
    1. Movemento dos pés que se fai ao andar.
    2. Distancia que se dá entre os puntos en que se apoian os pés ao andar.
    3. Marca que deixa o pé ao pisar no chan.
  3. s f TECNOL Acción de someter unha peza ao traballo dunha ferramenta durante un só ciclo mecánico da máquina-ferramenta.
  4. s f TECNOL Operación de someter algo á acción dunha máquina ou dun instrumento, especialmente un tecido á acción da máquina de acabar.

Sinónimos

Citas

  • A policía seguiu as pasadas do ladrón
  • Aquí a pasada dunha beira á outra é perigosa
  • Deulle unha pasada de xabón á roupa antes de metela na lavadora
  • Realizou varias pasadas despois das acrobacias
  • Tes un andar e unha pasada peculiar
  • Tres pasadas máis e caes na trampa
  • Unha pasada de pintura