partido

Pliral: partidos
  1. POLÍT
    1. s m Agrupación de persoas que se dedican á política e que participan na vida pública dunha sociedade.
    2. partido político Organización estable que participa regularmente en todas as convocatorias electorais, con vontade de acadar o poder e non só de influír nel.
  2. s m Resolución que adopta alguén.
  3. s m Proveito que se obtén de algo.
  4. s m DEP Competición deportiva entre dous xogadores ou dous equipos.
    1. s m DER Demarcación administrativa.
    2. s m HIST Territorio administrado por un corrixidor.
    3. partido marítimo XEOG distrito marítimo.
    4. partido xudicial DER Unidade territorial creada en 1834 no estado español que está integrada por un ou máis municipios dunha mesma provincia, onde hai un ou máis xuíces de primeira instancia e instrución, con sede na súa capital e xurisdición en todo o ámbito da súa demarcación.