participación

< lat participatiōne
Pliral: participacións
  1. s f Acción e efecto de participar.
  2. s f Escrito en que se comunica ou notifica un acontecemento a alguén.
  3. s f Parte que se xoga nun décimo na lotaría e papel en que consta.
  4. s f FILOS/RELIX Relación que, nas filosofías antiga e medieval, teñen as cousas sensibles coas ideas ou os seres creados e finitos co ser absoluto e infinito.
  5. ECON
    1. participación no mercado Porcentaxe que fai unha empresa sobre as vendas totais dun produto.
    2. participación nos beneficios Parte dos beneficios que se distribúe a determinadas persoas ou a grupos (empregados, traballadores, directivos ou socios) dunha empresa.
  6. participación no delito DER Delito que consiste en cooperar máis dunha persoa nun acto criminal.

Citas

  • A súa participación no desfalco non puido ser demostrada, Ten participación na empresa de seu pai
  • Aínda non escolleron as participacións para o casamento
  • Explicoulle ao xuíz cal fora a súa participación no atraco, Posúe participacións nunha explotación gandeira
  • Non deu a ninguén participación das súas intencións
  • Perdeu a participación e non puido cobrar o premio
  • Regalou varias participacións entre os veciños