parroquia

< lat parochĭa gr παροικία ‘veciñanza’
Pliral: parroquias
  1. s f XEOG Entidade territorial propia de Galicia, vixente na actualidade, que durante o s XIX tivo moita importancia como entidade territorial básica e coa configuración do novo modelo municipal de ordenación territorial, integrouse completamente no concello.
  2. RELIX
    1. s f Demarcación territorial eclesiástica rexida por un reitor ou un prior.
    2. s f Igrexa principal da circunscrición parroquial, onde radica a actividade pastoral do reitor.
    3. s f Despacho parroquial ou edificio, onde o reitor celebra reunións, atende os fieis ou ensina o catecismo.
    4. parroquia persoal Circunscrición eclesiástica extraterritorial, prevista excepcionalmente polo dereito canónico para comunidades non circunscritas a ningún territorio.
  3. s f Conxunto de parroquianos dunha tenda ou dun establecemento público.
  4. s f XEOG/ADM Circunscrición ou división administrativa de Andorra.

Citas

  • Estaba toda a parroquia no xantar da inaguración