smEspazo de terreo aberto e delimitado, que se destina principalmente ao lecer humano.
smEspazo pechado e de reducidas dimensións, protexido cunha malla, onde xogan os cativos.
parque de atracciónsTerreo cercado en que hai varias atraccións para divertirse.
parque infantilLugar onde hai diversas instalacións destinadas ao xogo e ao lecer dos cativos.
parque nacionalECOLEspazo natural protexido que se localiza nun territorio extenso que presenta sistemas naturais de particular interese científico, educativo e recreativo, nada ou pouco transformados pola explotación e a ocupación humanas. A declaración de parque nacional correspóndelle á máis alta autoridade do país onde está, que regula o seu acceso e vela pola súa protección.
parque naturalECOLEspazo natural protexido localizado nun territorio dunha certa extensión e pouco ou moi habitado e explotado, que presenta valores naturais de particular interese científico, educativo e recreativo. A súa declaración correspóndelle a algunha autoridade competente que vela por asegurar a permanencia destes valores dunha maneira compatible co aproveitamento ordenado dos recursos do parque e a actividade dos seus habitantes.
parque urbanoURBANParque dentro ou próximo a un núcleo urbano que cumpre a función de airealo e procurar o recreo dos seus habitantes.
parque zoolóxicoZOOLzoolóxico.
Conxunto de vehículos ou materiais destinados a un servizo público.
Citas
O parque sanitario incrementouse este ano, Consideran o parque automobilístico insuficiente