parénquima

< gr científico παρέγχυμα ‘substancia dos órganos’
Pliral: parénquimas
  1. BOT
    1. s m Tecido vexetal constituído por células vivas, poliédricas e co mesmo diámetro, que presenta paredes celulares finas, non lignificadas e pouco especializadas, cuxa principal función é a asimilación e o almacenamento de materiais de reserva.
    2. parénquima acuífero Parénquima especializado no almacenamento de auga.
    3. parénquima esponxoso/lacunoso Parte inferior do mesófilo da folla formada por células separadas por grandes espazos intercelulares.
    4. parénquima palizado Parte superior do mesófilo da folla constituída por células longas e finas, xuntas e con moitos cloroplastos.
  2. s m BIOL Tecido esencial ou nobre dun órgano.