paradoxo

< lat paradoxu gr παράδοξος
Pliral: paradoxos
  1. s m
    1. Opinión contraria á opinión común.
    2. Opinión que semella contraria ao sentido común, pero que de feito é exacta.
  2. s m FILOS/MAT Enunciado ou razoamento que leva a dúas conclusións mutuamente contraditorias pero que de ningunha das dúas se pode prescindir.
  3. s m LIT Figura retórica que consiste en empregar expresións aparentemente contraditorias.
  4. paradoxo hidrostático FÍS Paradoxo que consiste no feito de que cantidades moi diferentes dun líquido introducidas en recipientes diferentes poden producir, sobre o fondo dos respectivos recipientes, a mesma presión, se as formas dos recipientes son as adecuadas. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].