paradigma

< lat paradigma gr παράδειγμα
Pliral: paradigmas
  1. FILOS
    1. s m Modelo perfecto e inmutable da teoría platónica que pertence ao mundo das ideas, á imaxe da que se fan os obxectos do mundo sensible.
    2. paradigma científico Marco conceptual de premisas teóricas ou principios metodolóxicos, dentro do que se desenvolve unha ciencia nun momento determinado.
  2. s m LING
    1. Conxunto de formas que na gramática tradicional serven de modelo para os diversos tipos de flexión nominal e verbal.
    2. Conxunto de unidades lingüísticas que manteñen unha relación de posible conmutación dentro da cadea falada.

Citas

  • Ese neno é un paradigma de comportamento