sfTECNOLLámina cobertora de forma acampanada, xeralmente de vidro opaco ou translúcido, que se pon arredor ou ao lado dun foco de luz para dirixir a súa claridade cara a unha zona determinada.
sfTECNOLSuperficie branca, de material téxtil ou plástico, sobre a que son proxectadas imaxes cinematográficas ou fotográficas.
sfTECNOLSuperficie plana do televisor ou do ordenador que permite visualizar os datos que estes subministran.
sf
Máscara artesanal propia do entroido de Xinzo de Limia que está decorada con figuras astrais ou animais e cobre toda a cabeza.
Disfrace completo do entroido de Xinzo de Limia.
Persoa que leva ese disfrace.
sfFÍSSuperficie fluorescente dun tubo de raios catódicos sobre a que se produce a imaxe visible.
CONSTR
sfElemento resistente vertical de gran superficie.
sfMuro de formigón armado, soterrado e construído cunha escavación lineal.
pantalla anticegamentoParamento vertical ou elementos opacos situados na separación de dúas calzadas de sentido oposto para evitar o cegamento entre os vehículos que circulan por elas.
pantalla drenanteGabia profunda e estreita, rechea de grava, que presenta unha gradación de tamaños estudada para actuar como filtro e rebaixar o nivel freático do terreo, polo que aumenta a velocidade de circulación da auga.
efecto pantalla/efecto de pantallaFÍSDiminución aparente, nun núcleo de número atómico Z, da carga nuclear efectiva Ze (onde e é a carga do electrón) a causa do potencial de signo contrario causado polos electróns próximos ao núcleo.
pantalla acústicaFÍS/TECNOLDispositivo ríxido sobre o que se fixa elasticamente un altofalante, que permite aumentar o traxecto acústico efectivo entre a cara anterior e a posterior do altofalante.