panel

< fr panel
Pliral: paneis
  1. s m Taboleiro de diversos materiais que se emprega para amosar información de cara ao público.
  2. s m Taboleiro ou plafón de gran superficie que se emprega en diversas aplicacións técnicas, construtivas ou arquitectónicas.
  3. s m Taboleiro que contén os mandos e os indicadores de información para o uso correcto dunha máquina de instalación.
  4. s m MAR Compartimento das lanchas pesqueiras onde se baleira o peixe que se recolleu coas redes e cos aparellos.
  5. s m MAR Conxunto de táboas situadas a babor e a estribor, nas embarcacións de remos, que serven de asento aos que vogan.
  6. panel luminescente/electroluminescente IND Aparato de iluminación que consiste nunha placa de material plástico recuberta dunha substancia fluorescente que produce luz por electroluminescencia ao aplicarlle unha tensión eléctrica.
  7. panel radiante TECNOL Elemento de calefacción que consiste nunha gran superficie que se mantén a unha temperatura moderadamente elevada e que quenta por radiación.
  8. panel solar TECNOL captador solar.