smAlimento que resulta da cocción dunha masa constituída por unha mestura de fariña, auga, sal e fermento, despois de sometela a un proceso de fermentación.
smPeza grande e redonda en que se divide esa masa cocida.
pan de barraPeza de pan de forma alongada máis ancha no medio ca a nos extremos.
pan de milloPan que se elabora con fariña milla.
pan de moldePan que se obtén cando a masa se pon a cocer nun molde metálico, previamente engraxado.
pan de réximePan que se fai con fins terapéuticos.
pan integralPan que se elabora con fariña integral.
pan reladoPan esmiuzado que se emprega para cociñar.
smCereal que se emprega para facer a fariña do pan.
smComida ou conxunto de alimentos necesarios para vivir.
RELIX
pan abenzoadoCada un dos anacos de pan que son abenzoados durante a misa nas festas dalgúns santos e repartidos despois entre os fieis.
pan de ánimasPan que se ofrece aos defuntos o día do enterro e no ofertorio da misa matinal.
pan de anxoPan, aínda sen consagrar, co que se elabora a hostia.
pan eucarísticoPan consagrado.
PLANTA
pan de lagartosherbadolagarto.
pan de paxaro [Sedum acre]Planta herbácea, da familia das crasuláceas, perenne e glabra, que ten talos rastreiros, follas verdeamarelentas, sésiles, alternas, carnosas cun esporón curto, flores con sépalos libres, de cor amarela brillante e o froito nun folículo.
pan do cuco [Oxalis pes-capreae]Planta herbácea, da familia das oxalidáceas, que produce moitos bulbiños e presenta as follas trifoliadas, pecioladas, cos foliolos carnosos, as flores de cor amarela dispostas en umbelas e o froito en cápsula.
pan de ouro/prataARTEFolla moi fina de ouro ou de prata batida, que serve para dourar ou pratear obxectos.