palpitación

< lat palpitatĭōne
Pliral: palpitacións
  1. s f Acción de palpitar.
  2. s f Latexo convulsivo dunha parte do corpo.
  3. s f pl PAT Estado de arritmia cardíaca que se percibe na área precordial como unha sensación molesta para o paciente.
  4. palpitación auricular PAT Onda que atravesa o nódulo aurículo-ventricular en todas as ocasións e que se observa no electrocardiograma como ondas en dente de serra, rítmicos e regulares.
  5. palpitación nasal PAT Dilatación do vestíbulo nasal en dispnea por acción muscular dos elevadores da aleta do nariz.
  6. palpitación ventricular PAT Situación semellante á fibrilación ventricular, de contracción rápida e débil dos ventrículos.