smQUÍMElemento fundamentalmente metálico, pertencente ao grupo V da táboa periódica. O seu número atómico é 51, e o seu peso atómico 121,75. A única forma estable é a metálica,denominada tamén antimoniogris. Os compostos de antimonio, ademais da súa utilización terapéutica, úsanse como mordente na industria téxtil e en curtidos.
electrodo de antimonioFÍS/QUÍMElectrodo para as medidas de pH de non demasiada precisión, que se emprega para potenciometrías en solventes non acuosos.
fluoruros de antimonioFÍS/QUÍMCompostos que se empregan como catalizadores de substancias orgánicas.
pentacloruro de antimonioQUÍMLíquido utilizado na cloración de compostos orgánicos.
pentasulfuro de antimonioQUÍMPos alaranxados que se empregan principalmente na vulcanización e coloración do caucho.
tricloruro de antimonioQUÍMCristais delicuescentes que se empregan como catalizadores, reactivos cualíticos ou para broncear o ferro.
trióxido de antimonioQUÍMComposto que forma a valentinita, que se emprega na industria do caucho e do plástico para obter compostos non inflamables.
trisulfuro de antimonioQUÍMComposto que forma a estibina, empregado en pirotecnia e como acelerador de vulcanización do neopreno.