paínzo

< lat panīcĭu
Pliral: paínzos
  1. s m PLANTA Planta herbácea anual, da familia das poáceas, que presenta talo robusto, follas lineais amplas e verdes, cunha lígula de pelos e cunha inflorescencia en panícula grosa e espiciforme.
  2. s m PLANTA millo miúdo.
  3. s m BOT Froito da herbácea Setaria italica, que se emprega na alimentación das aves.
  4. paínzo negro PLANTA Planta herbácea anual, da familia das poáceas, que presenta as follas lanceoladas e a inflorescencia densa e cilíndrica.

Palabras vecinas