pai

< lat patre
Pliral: pais
  1. s m Macho que tivo un ou máis fillos.
  2. s m Persoa que exerce as funcións paternas con outras persoas.
  3. s m Persoa que crea ou promove unha obra, actividade ou outra cousa.
  4. s m pl Pai e nai como conxunto de proxenitores.
  5. RELIX
    1. s m Deus, en tanto que creador. No cristianismo é a primeira persoa da Trindade, denominada Deus Pai e Pai Eterno.
    2. s m Título anteposto ao nome dos sacerdotes dunha orde relixiosa ou cualificativo da orde ou cargo.
    3. pai apostólico Cada un dos escritores de fins do s I ata a segunda metade do s II que recibiron a doutrina dalgún apóstolo.
    4. pai conciliar Cada un dos participantes nun concilio con voto deliberativo.
    5. pai do deserto/do ermo Cada un dos primeiros anacoretas e cenobitas cristiáns dos desertos de Exipto e Palestina (ss IV e V).
    6. pai da Igrexa Cada un dos escritores da Igrexa que se distinguen pola ortodoxia da súa doutrina, pola santidade de vida, pola aprobación da Igrexa e pola antigüidade.
  6. pai da patria HIST Título dado ao emperador Augusto polo pobo e polo Senado e adoptado polos seus sucesores.
  7. pai de familia Persoa maior de idade ou menor emancipada, que actúa como o cabeza de familia, sobre o que recaen a maioría das decisións.
  8. pai de todos O dedo maior de todos os da man. OBS: Tamén se denonina dedo corazón.

Refranes

  • De pai a pai pouco vai.
  • Ergueuse meu paí e deitouse miña naL
  • Non hai fillo coma seu pai nin pai coma seu avó.
  • ¿Que diaño fixeches e de onde saíches que á túa nai non viches e pai non tiveches?