padroado

< lat patronātu
Pliral: padroados
  1. s m Axuda ofrecida a unha persoa por outra, por un organismo ou por unha institución.
  2. s m Órgano de xestión e de representación das entidades de carácter fundacional.
  3. dereito de padroado RELIX Facultade de presentar un crego, en calquera dos seus graos, para a provisión dun bispado, prelatura secular ou regular, dignidades, prebendas, en catedrais e colexiatas, reitorías e beneficios.
  4. padroado real HIST/DER Costume medieval restablecido como dereito durante o reinado dos Reis Católicos (finais s XV-comezos s XVI) que autorizaba os monarcas para prover a maioría dos cargos eclesiásticos.

Sinónimos

Formas incorrectas

patronato