sfUtensilio formado por unha lámina de madeira ou prancha de ferro, de forma rectangular, trapezoidal ou curva, cunha certa concavidade e co mango cilíndrico, destinada a recoller, trasladar ou remover algunha materia sólida, pastosa ou poeirenta.
pa de canteiroPaleta longa e estreita que empregan os albaneis para introducir o morteiro entre as pedras unha vez calzadas e dispostas no paramento.
pa mecánicaTECNOLMáquina destinada a mover materiais soltos, que consiste basicamente nun chasis automotor montado sobre pneumáticos e provista, na parte frontal, dunha culler, montada sobre uns brazos articulados, movidos mediante cilindros hidráulicos.
sfCantidade de calquera cousa que cabe nunha pa.
sfUtensilio máis pequeno de forma semellante a unha pa.
sf
Parte máis ampla e xeralmente de menos grosor dalgunhas cousas.
DEPParte máis ampla e fina do remo.
DEPParte dianteira do esquí, que forma unha curva e ten menos grosor.
sfDEPAnaco de madeira de forma case redonda e con mango que se utiliza para impulsar a bóla en certos xogos.
ANAT
sfConxunto dos primeiros dentes que lles saen aos animais.
pa dun dentePorción ampla e plana dos dentes incisivos.
sfZOOLParte superior das patas dianteiras dalgúns animais.