antílope

< lat tardío antilops gr tardío ἀ ν ϴ άλωψ
Pliral: antílopes
  1. s m ANIMAL Bóvido das subfamilias dos antilopinos, bovinos e caprinos, e algún artiodáctilo non bóvido, como o caso do antílope americano, que presenta as patas longas e delgadas, acabadas en dedos finos protexidos por pezuños. Teñen cornos persistentes, de tipo cavicórneo. Viven en rexións desérticas, estepas e sabanas, con frecuencia en grupos de varios individuos.
  2. antílope acuático ANIMAL Antílope con cornos longos e separados. Ten unha mancha branca en forma de media lúa en cada coxa.
  3. antílope africano ANIMAL Antílope de gran tamaño, cunha xiba dorsal, un gran papo e o rabo longo.
  4. antílope americano ANIMAL Mamífero ruminante, única especie da familia dos antilocápridos.
  5. antílope anano ANIMAL Antílope de distintos xéneros, propio de África, que se caracteriza pola súa pequena dimensión.