sfARQUITArco rematado en punta en que os lados son dous arcos de círculo cóncavos e simétricos que se unen formando un ángulo curvilíneo.
sfTECNOLForma xeométrica de control que ten o contorno formado por dous arcos que se unen no seu extremo e que lle serve, a certos aparatos, para reducir a resistencia aerodinámica do móbil e evitar o seu quecemento excesivo.
sfAERONProa dalgunhas aeronaves que ten forma oxival.
sfBÉLParte dianteira dun proxectil.
sfASTRONParte frontal dun foguete de sondaxe ou de exploración espacial que contén, eventualmente, a carga útil e que a protexe durante o seu desprazamento pola atmosfera.
sfMATGráfico dunha distribución de probabilidade loxística, que corresponde a fenómenos que crecen proporcionalmente ao valor obtido pero cun límite finito non alcanzable.