oxidación autocatalíticaQUÍMOxidación dunha substancia, xeralmente un líquido, a temperatura normal, polo osíxeno do aire. Unha reacción de autooxidación prodúcese en dúas fases: O2+A→AO2 (formación de peróxido) AO2+A→2AO A primeira fase é lenta e controla o sistema de oxidación. Este proceso emprégase no secado de pinturas.
sfAcción ou efecto de oxidar ou oxidarse.
sfQUÍMProceso polo que un elemento aumenta o seu número de oxidación ao perder algún electrón.
sfQUÍM/INDFormación de ferruxe na superficie do ferro ou doutro metal, pola acción do aire húmido ou por corrosión.
número de oxidaciónQUÍMNúmero que representa o número de electróns que cómpre engadir ou quitar a un átomo que forma parte dunha combinación para volvelo ao seu estado elemental.
oxidación anódicaQUÍMOxidación que se produce no ánodo durante os procesos de electrólise.
oxidación de aglutinantesCONSTRCombinación dos aglutinantes bituminosos co osíxeno atmosférico, que provoca o endurecemento do betume ou do alcatrán, a diminución da súa penetración e normalmente o aumento da súa fraxilidade.
oxidación directaQUÍM/INDFormación de óxidos ou doutros compostos sobre a superficie dos metais por reacción con gases secos a altas temperaturas. OBS: A grafía representa o son [ks].