antigüidade

< lat antiquitāte
Pliral: antigüidades
  1. s f Calidade de antigo.
  2. s f pl Obxectos antigos.
  3. s f HISTORIOG/CRON Os tempos antigos, especialmente en referencia á época clásica.
  4. s f DER Período de tempo transcorrido desde o día en que unha persoa inicia unha relación xurídico-laboral, como traballador dunha empresa ou funcionario dunha administración.
  5. antigüidade clásica O conxunto da cultura grecorromana.

Confrontaciones

Citas

  • A antigüidade dun monumento dátase coa axuda de especialistas
  • Galicia foi habitada na antigüidade por pobos indoeuropeos
  • Meu pai ten unha gran colección de antigüidades da China e do Xapón
  • O convenio colectivo conxelará as antigüidades para favorecer as contratacións

Refranes

  • Casa de pai, viña de avó e oliveira de bisavó.
  • Taberna vella non precisa na porta ramalleira.