osteopetrose

< osteo- + -petro- + -ose
Pliral: osteopetroses
  1. s f PAT Afección ósea conxénita e hereditaria que consiste nun aumento do tecido óseo compacto en detrimento do tecido esponxoso debido a unha alteración da reabsorción osteoclástica fisiolóxica, que se caracteriza por unha gran fraxilidade ósea que ocasiona fracturas espontáneas. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Albers-Schönberg ou enfermidade marmórea dos ósos.