smMamífero carnívoro, da familia dos úrsidos, do xénero <i>Ailuropoda, Helarctos, Selenarctos, Mulursus, Thalarctos, Tremarctos e Ursus, </i>que se caracteriza por ter tamaño considerable, corpo moi corpulento e locomoción plantígrada.
oso branco/ polar [Thalarctos maritimus]Úrsido de poderosas uñas e pelame longo e espeso, moi branco nos novos e amarelado nos adultos. Habita por riba do paralelo 55 N e aliméntase de peixes, moluscos, crustáceos, focas, raposos e pequenos carnívoros.
oso pardo [Ursus arctos]Úrsido moi robusto, de pelame moi denso e de cor tostada, de alimentación omnívora, que realiza a hibernación en covas de difícil acceso.
oso formigueiroANIMALMamífero desdentado, da orde dos xenartros, pertencente á familia dos mirmecofáxidos e caracterizado por ter o corpo cuberto de pelo moi espeso, uñas poderosas, rabo moi longo e fociño prolongado, que se nutre de formigas e outros insectos.
oso mariñoANIMALMamífero mariño, da subfamilia dos arctocefalinos, pertencente á familia otárida, que presenta unha densa pelaxe inferior e usa as aletas dianteiras como propulsoras. Aliméntase basicamente de peixe.
oso pandaANIMALpanda.
Citas
Botoulle un óso da soá ao caldo
Esa materia é un óso para a maioría dos alumnos
Meu avó fíxome un peite de óso
Nesa fosa común descansan os ósos de moitos soldados republicanos
O novo profesor de inglés é un óso, non hai quen aprobe con el