osmio

< gr ὀ σμ ή ‘olor’
Pliral: osmios
  1. s m QUÍM Elemento metálico de transición, pertencente ao grupo do platino, de número atómico 76 e peso atómico 190,23. Atópase na natureza en estado metálico ou aliado co iridio. Co rutenio e outros metais do grupo do platino forma aliaxes moi duras, que se empregan na fabricación de puntas de plumas estilográficas e agullas para os fonógrafos.
  2. tetróxido de osmio QUÍM Sólido cristalino amarelo, extremadamente tóxico, que se emprega na síntese orgánica para a hidroxilación de alquenos.