Conxunto de instrumentos reunidos para realizar unha interpretación musical e que se dividen en catro grupos: corda, vento (ou madeira), metal e percusión.
Conxunto de músicos dunha orquestra.
sfARQUIT
Parte anterior da platea situada baixo a escena na que acostuman estar os músicos que cooperan na execución dun espectáculo teatral no teatro moderno.
Espazo circular e non enlousado do teatro grego, situado entre a escena e a bancada e coa ara de Dióniso no centro, destinado ás danzas do coro.
orquestra de cámaraMÚSOrquestra que conta cun reducido número de instrumentos.
orquestra sinfónicaMÚSConxunto de máis de 40 compoñentes formado por instrumentos de corda, vento-madeira, vento-metal e percusión, destinado á interpretación do repertorio sinfónico.